No ano 2020, a Deputación da Coruña renovou a súa colaboración coa Cociña Económica da Coruña por medio da convocatoria anual do Programa de subvencións a entidades sen fin lucro para o mantemento e o investimento en centros de servizos sociais.
Nesta ocasión, a Administración Provincial lle concedeu á Cociña Económica dúas subvencións polos seguintes conceptos e importes:
No capítulo de mantemento a contía da subvención foi de 20.000 euros, destinados aos soldos e salarios do persoal da entidade.
E no referente ao investimento, a Cociña Económica percibiu unha subvención por importe de 6.326 euros, destinados a cambiar o falso teito e as luminarias da primeira planta do edificio da rúa Cordelería.
Dende aquí queremos agradecer encarecidamente á Deputación da Coruña o seu apoio nestes tempos tan complexos.
MOITAS GRAZAS.