Página de inicio

Doazón á Cociña Económica da Coruña de todas as capturas do Campionato de España de Pesca Submarina.

As augas da Coruña acolleron o pasado fin de semana do sábado 29 e domingo 30 de xullo, o LXI Campionato de España de Pesca Submarina e as mil pezas capturadas foron entregadas a esta Cociña Económica.


A proba, que contou co apoio do Concello da Coruña, tamén contou por segundo ano consecutivo con categoría feminina. En total foron 36 participantes de 12 federacións de todo o Estado os que se mergullaron nas augas da Coruña, en apnea. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, valorou positivamente a celebración desta competición, "que supón un novo acicate para considerar a nosa cidade e as súas augas como un espazo emblemático, apto e de interese para a práctica deportiva, en particular das modalidades náuticas".


A 61ª edición desta proba celebrouse en dúas xornadas consecutivas, dunha duración de cinco horas cada unha, e tivo lugar en dúas zonas diferenciadas, como foron desde a Torre de Hércules ata a punta de Suevos, e desde Punta de Mera até Punta Torrella. A proba comezou (tanto o sábado como  o domingo) ás 09.00 horas e finalizou ás 14.00 h. As pesadas das dúas xornadas, que tiveron lugar ás 17.00 h., así como a entrega de Premios, que se celebrou o domingo ás 20.00 h., puideron seguirse ao vivo a través da web da Federación Española de Actividades Subacuáticas.


O total das pezas capturadas (pouco máis de mil) doáronse á Cociña Económica herculina, como en anteriores probas que tiveron lugar na cidade da Coruña. O ano pasado celebrouse nas mesmas augas coruñesas o Campionato Galego e foron doadas 603 pezas a esta Cociña Económica. O Campionato deste ano foi todo un éxito de participación e tamén tivo unha gran afluencia de público, grazas ao bo facer dos organizadores e patrocinadores do evento.


 



« Volver
 Archivo

Eventos
·Fallece D. Alberto Martí Villardefrancos, presidente de la Cocina Económica
·La Escuela organiza la semana de puertas abiertas solidaria
·Doazón á Cociña Económica da Coruña de todas as capturas do Campionato de España de Pesca Submarina.
·Vegalsa-Eroski dona o menú do Día da Patria Galega
·IV CONCERTO SOLIDARIO - COCIÑA ECONÓMICA
·XXXI Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña
·Semana Cultural de la solidaridad en el CPI Plurilingüe Cabo da Area, de Laxe
·Coruña Bloggers aporta su pequeño grano de arena a esta Cocina Económica.
·Memorándum 2016
·Análisis del Servicio de Trabajo Social durante el año 2016

Hemerotecas
·07/01/2009 - Fernando Suárez (Presidente)
·11/03/1938 - Cómo vive desde hace medio siglo la Cocina Económica
·26/08/1916 - Una institución popular

Noticias
·Tiempo y manos para todos
·ENTREVISTAS A ALBERTO MARTÍ VILLARDEFRANCOS. Fotoperiodista y Presidente de la Cocina Económica
·«Non veño pola comida, veño porque aquí sempre me tratan moi ben todos os traballadores»
·Cientos de personas dan el último adiós a Fernando Suárez en San Amaro
·Fallece el presidente de la Cocina Económica, Luis Rodríguez Lago
·La Cocina
·HITOS DE LA COCINA ECONOMICA DE LA CORUÑA (primera parte)
·HITOS DE LA COCINA ECONOMICA DE LA CORUÑA (segunda parte)



Fachada antigua
de la institución
 
©2017. Cocina Económica de La Coruña.

Powered by EFENET
Privacidad  |  Aviso Legal  |  Mapa Web  |  Favoritos  |  Inicio