Un total de 438 pezas foron capturadas pola trintena de participantes ao evento e entregadas a esta Cociña Económica.
O último fin de semana de maio, o Club do Mar de San Amaro acolleu o Campionato Galego de Pesca Submarina, clasificatorio para o Campionato de España que terá lugar en Xixón os días 23 e 24 de xuño.
A dobre xornada de competición confirmou os prognósticos marcados e a primeira manga do campionato estivo marcada pola escaseza de peixe (148 pezas capturadas), mellorando ao día seguinte en gran medida polo clareo das augas (cun total de 290 capturas).
Destacar o labor organizativo do Club do Mar, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS) e a Escola de submarinismo Nauga, así como a vertente solidaria do evento onde todas as capturas, que alcanzaron un peso total de 499 kg., foron doadas á Cociña Económica para a súa elaboración e consumo entre os máis necesitados.