No ano 2022, ao abeiro da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2022, a Deputación da Coruña renovou a súa colaboración coa Cociña Económica da Coruña.
Nesta ocasión, a Administración Provincial lle concedeu á Cociña Económica unha subvención por importe de 20.500 euros destinada a sufragar unha parte dos gastos do persoal de entidade.
Dende aquí queremos agradecer encarecidamente á Deputación o seu apoio por contribuír a dispor dunhas instalacións nas mellores condicións posibles.
MOITAS GRAZAS.