XI Festival Solidario a beneficio da Cociña Económica e Intermon-Oxfam

Cocina Económica de La Coruña · 13/01/2017

O pasado venres 20 de xaneiro, dende as 7 da tarde, no Centro Ágora, a música e a solidariedade foron da man nunha nova cita onde tocaron oito grupos usuarios dos Locais de Ensaio da Coruña.

En primeiro lugar tocaron os grupos con instrumentos acústicos: Pleasure, Reminders, Sala 5 e Proyecto Moucho. Logo foi a quenda dos grupos máis guitarreiros: Last Night Promise, JEMP, Ingravity e Harakiri.

Os convidados puideron disfrutar de boa música e colaborar con esta Cociña Económica logo de aportar (alo menos) 3 kg./l. de alimentos non perecedeiros por parte de cada un deles, conseguindo unha doazón total de 600 kg./l.

Como gran novidade, nesta edición Intermon-Oxfam habilitou unha barra solidaria con produtos de comercio xusto.

Foron máis de 5 horas de música, onde descubríronse novos proxectos, ademais de contribuir con dúas causas solidarias.

 

  Volver